Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polo neno que morre de fame nunha sabana de Sudán neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polo pai que contaxia a SIDA a súa muller e os seus fillos aínda non nacidos nun alfoz de Sudáfrica neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio polos milleiros de acólitos asexados polos lobishomes lúbricos con sotana en calquera recuncho dos USA neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio pola nai que olla cara o seu fillo que chucha desacougado duns peitos enxoitos nunha choupana de Etiopía neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polo nena que morre de sede en calquera aldea de Eritrea neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polas mulleres tratadas coma gando e prostituídas a forza nos clubs e bares de estrada que se inzan polo país neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol por tódolos nenos e nenas que xamais poderán ler ou escribir os seus propios nomes en calquera recuncho do planeta neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polos indíxenas asasinados en calquera país suramericano neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polos traballadores encadeados nos talleres e factorías de calquera país asiático neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polos centos de nenos que morre de febre por falta dunha sinxela menciña en Costa de Marfil neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polos inmigrantes que afogan no océano neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polo rapaz soldado que dispara na selva do Congo neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol pola nena a que lle mutilan o seu sexo en Zambia neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol polos millóns de mulleres que agochan os seus rostros tras un velo ou un pano asasinados en calquera país neste mesmo intre.
Un día de loito nacional e un minuto de silencio nos partidos de fútbol pola nosa indiferenza e hipocrisía de cochos ben cebados.
terça-feira, abril 05, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Aquí andamos de novo, con loitos extraños de cor púrpura, non polos moratóns que deberíamos ter nestos miolos atrofiados, a fin de contas O papa en un morto sentido, pola maioría católica e polos que sin selo apreciamos os seus tiróns de orellas ós dictadores; que hai moitos, coma ese Chávez o que lle vendemos armas pra que siga chupandolle o sangue o seu pobo; ónde están os de "NON A GUERRA". Así andamos querido Folerpa, cada quén co seu, uns cun Papa e outros cun partido, de calquera bando que a todos lles importa o mesmo. E a ningún, ó parecer lles importan todos eses que nombrache, que lles teñen que ir dando polo que se ve. Ese tipo de loito non vende, estamos demasiados afeitos. Os homes somos así. O que importa son as noticias da prensa rosa, os males do mundo teñen unha cor que no é axeitada pra "TV en color", haberá que volver os tempos do branco e negro donde todo era máis real, polo menos mirabamos o negro do mundo, ese negro de loito o de verdade.
Canta razón! Canta verdade hai nas túas palabras núas!
Os minutos de silencio polos fillos do próximo aldraxados no alfoz da miseria moral non son apropiados dun campo de fútbol. Non lucen nas televisións nin no papel tinguido de xornais diversos, benquerido folerpa.
E a maioría das conciencias só buscan escintileos de multitudes afervoadas que reflictan no seu iris o anhelo vaidoso de sentir e aparentar unha solidariedade de fume.
Enviar um comentário