...que articulou un dos nosos devanceiros foi NON. Para cumpriren as ordes guturais do xefe do seu clan no necesitaba dicir ren, bastaba con baixar a cabeza e obedecer. Foi aquela estraña orde que incomodou ao noso devanceiro a que o levou a rebelarse. A negar e articular esa primeira palabra revolucionaria: NON.
O xefe de clan ante a rebelión do seu inferior non soubo que facer. Ao primeiro non entendeu ese novo son articulado, pero ao ver que non cumpría a súa orde, decatouse de socate do seu significado. Repetiu a orde varias veces, e a cada son gutural seguiu aquel novo son articulado como única resposta. Desconcertado, o xefe dubidou, e por vez primeira decidiu consultar aos demais membros do seu clan. Estes, co seu polgar cara a abaixo sentenciarono a morte. O xefe colleu unha pedra e dun croiazo fendeulle a testa ao rebelde, cumprindo así os desexos dos seus sometidos.
Coa morte do rebelde morreu tamén aquel primeiro son articulado, aquela primeira palabra ¿ ou quizabes non?
Despois duns días conspirando, os membros do clan decidiron derrocar ao seu xefe. Aqueles intres seus de indecisión perante o rebelde déronlles os azos necesarios para rematar co seu réxime. Silandeiros como donicelas, arrodéano e guíndanlle grandes croios enriba. O xefe de clan decátase de que vai morre e berra con todas as súas forzas aquel novo son articulado ¡NON, NON, NON, NON, NON! ante os rostros sorpendidos dos seus asasinos.

3 comentários:
Sempre me preguntei cal sería a segunda palabra.Admítense suxerencias.
e así nacúi o monte da curota, non?
E suponse que, se NON foi a primeira palabra, as ordes daríanas por sinais, non? A ver se naceu a linguaxe de signos antes cá verbal.
Enviar um comentário