segunda-feira, janeiro 31, 2005

Ti

Baixo o Atlas
que canso sostén O Mundo
para os demais,
para os probes e os namorados,
para os ricos e os soitarios,
insignificante posas para a instantánea
que invariablemente sempre sae movida.
A través do obxectivo
insignificante baixo o atlas
Ti sostés O Mundo
para min.

1 comentário:

Dasmam disse...

Fermosa foto aínda que hai moitas opinións sobre quen aguanta o mundo; a Bertrand Rusell unha señora díxolle que era unha tartaruga xigante sobre a que descansa todo o vasto universo.

Folerpa, gustaríame que visitases o meu blog e me deras "caña"; puxen no meu blog un enlace ata aquí, para que vexas que che fago publicidade.

Anda corre a voz e que me visite alguén, incluso Atlas, que así se toma un descanso.