Xa esta todo preparado. Mañá acudirei ao concerto dos Pet Shop Boys (o seu Behaviour segue a ser unha peza fundamental que rematou co hedonismo existencial dos oitenta) e ao día seguinte partiremos para os montes da Paradanta. Un mes lonxe do mundanal ruído, sen prensa, sen cobertura televisiva nin virtual nin case telefónica.
As maletas van ateigadas de libros e filmes. Un feixe de novelas de CiFI de Minotauro e de comics, a ultima de Bret Easton Ellis (todos temos unha paixón literaria inconfesábel e esta é a miña xunto algunha outra que prefiro calar), algúns ensaios e monografías para documentarme para un futuro proxecto. Recuperar en DVD algúns filmes fundamentais que vos recomendo: La Belle Noiseuse de Rivette, A dobre vida de Verónica de Kieslowski, In the mood for love de Wong Kar-Wai e uns grolos xaponeses de Mizoguchi e Ozu.
Vou tamén co propósito de rematar ¡a man! (o deficiente subministro eléctrico non da para ordenadores) unha novela de LIX que lle prometín a meu benquerido editor Nacho Chao para o outono, e da que so levo seis páxinas.
Quedará case todo sen facer, ler ou ver, e devecido entregareime ao dolce farniente cos nenos e súa nai. Conversas, paseos, xogos, algunhas visitas de amigos, procurar vagalumes para que os vexa meu fillo...Vivir. Facede o mesmo e gozade. En setembro falamos.
segunda-feira, julho 31, 2006
quarta-feira, julho 26, 2006
Tamén tería moitas cousas das que falar hoxe...
Da desfeita do Líbano, deses cincuenta e un náufragos rexeitados por todos durante unha semana para a nosa vergoña, da perda dun mundo rural que conformou a nosa identidade como país e que hoxe esmorece coma o remol dunha caharela. Pero non, teño que falar outra vez de OS LIBROS despois de catorce días de lectura e relectura compulsiva.
Podería poñerme pedante e falar de que estamos ante o feito máis senlleiro das nosas letras nos últimos tempos. De que estamos perante un macrotexto de referencia de múltiples rexistros e niveis de lectura, fronte a primeira obra narrativa realmente postmoderna da nosa literatura, por que non? fronte a GNG (Gran Novela Galega) que moitos agardaban cos coitelos na boca e agora fican calados e resinados ante a súa desmesura e mestría.Pero non, voume deixar levar pola emoción e as impresións de lector e nada máis.
O´Rivas, como Ariadna, desenguedella o seu nobelo e guíanos devagar por ese labirinto máxico da Coruña. Cidade-Babel. Cidade-Ostra. Cidade de espellos que reflicte nas rúas lousadas, nas augas da dársena, no ceo toldado, todos as súas voces, dos de vivos e de mortos, dos idos e vidos, dos que xamais marcharon e renunciaron á loita.
Mulleres que carrexan sobre as súas cabezas as maquinas de coser coas que o zurcir o pano da nosa memoria co fío invisíbel das lembranzas, das verbas dos gañadores e dos perdedores, das ignominias e das fazañas.
A forza dual das palabras, por un lado elixir polo outro veleno, que conforma e deforma aos homes e as mulleres.
O poder redentor dos libros, do sangue de tinta que a cachón verten no sumidoiro da historia.
A Curtis, Chelo Vidal, O Manobrador de Guindastres, Samso, Arturo da Silva, Casares Quiroga, Ren, Polca, Olinda, Dez, Leica, Ó, O Mergullador Fosforescente, Vitola, Catia, Gabriel, A rapza dos Xornais Manlle, Doutor Montevideo, Vidal, Avó Mairarí ... e a tantos e tantos outros: grazas, grazas, grazas.
Se algún día, neste tempo ignominioso que vivimos, alguén volvese queimar libros eu achegaríame a esa fogueira e queimaría as mans por salvar das lapas esta obra e a todas as voces, derrotas, arelas, renuncias e soños que nela se agochan. Pagaría a pena
Re-existencia
sexta-feira, julho 21, 2006
Ouleo (1956-2006)
“Vin as mellores mentes da miña xeración estragadas pola
tolemia, famentas histéricas espidas,
agatuñando polas rúas dos negros na mañanciña
procurando un chute doente,
hippsters con cabeza de anxo ardendo pola vella e celestial
conexión cara á estrelada dínamo da maquinaria da noite...”
By Allen Ginsberg
51 st Printing: September 1994
765.000 copies in print
City Lights Books
261 Columbus Avenue, San Francisco , CA 94133
tolemia, famentas histéricas espidas,
agatuñando polas rúas dos negros na mañanciña
procurando un chute doente,
hippsters con cabeza de anxo ardendo pola vella e celestial
conexión cara á estrelada dínamo da maquinaria da noite...”
By Allen Ginsberg
51 st Printing: September 1994
765.000 copies in print
City Lights Books
261 Columbus Avenue, San Francisco , CA 94133
quinta-feira, julho 13, 2006
Terras Lonxanas
¿Por que non te fías dos homes?
Porque unha vez fieime dun
El non é James Stewart
aínda que leve un stetson
e un lazo texano no pescozo.
Ela tampouco é Ruth Roman
pero si unha rapaza de salón
que serve bourbon aos forasteiros.
Non están en Dogde City
nin ó oeste do río Pecos
senón a saída de Padrón
nunha lóbrega barra americana.
a John Balan
Porque unha vez fieime dun
El non é James Stewart
aínda que leve un stetson
e un lazo texano no pescozo.
Ela tampouco é Ruth Roman
pero si unha rapaza de salón
que serve bourbon aos forasteiros.
Non están en Dogde City
nin ó oeste do río Pecos
senón a saída de Padrón
nunha lóbrega barra americana.
a John Balan
segunda-feira, julho 10, 2006
Tería moitas cousas das que falar hoxe...
De que me sinto ugandés. Da desfeita que uns desalmados fixeron na Parauta, mudando un pequeno amazonas vizoso nun ermo desolado, estragando o leito do río, derrubando o muíño, e todo pola madeira duns carballos case centenarios.
Pero non, teño que falar de Os Libros. Merquei a novela o venres pola tarde na feira para meu pai e o seu autor debuxou nela unha fermosa adicatoria. Folleeina o venres á noite sen moito convencemento. E aquí estou, o luns, esfameado e cun terzo devorado a trabadas. Eu que abandonara a O´Rivas fai un década teño que confesar que estou enguedellado na arañeira das súas verbas. Esfera Armilar ou poliedro que reflicte nas súas moitas faces libros e acenos, vitorias e derrotas. A Coruña coma o paraíso perdido, coma Macondo, coma Bomarco, coma o ceo e o inferno de Dante.
Emocioneime cando os dous mozos foxen as alancadas da fogueira... co rapaz que escribe no seu maxín Ana Karenina nos 14 días de travesía transoceánica...cos paraugas que voan cara ao mar...co vello e achacoso vendedor de biblias...cos fíos das mil e unha historias que conforman devagar esta madeixa de tinta, sangue, lume e esperanza.
Pero non, teño que falar de Os Libros. Merquei a novela o venres pola tarde na feira para meu pai e o seu autor debuxou nela unha fermosa adicatoria. Folleeina o venres á noite sen moito convencemento. E aquí estou, o luns, esfameado e cun terzo devorado a trabadas. Eu que abandonara a O´Rivas fai un década teño que confesar que estou enguedellado na arañeira das súas verbas. Esfera Armilar ou poliedro que reflicte nas súas moitas faces libros e acenos, vitorias e derrotas. A Coruña coma o paraíso perdido, coma Macondo, coma Bomarco, coma o ceo e o inferno de Dante.
Emocioneime cando os dous mozos foxen as alancadas da fogueira... co rapaz que escribe no seu maxín Ana Karenina nos 14 días de travesía transoceánica...cos paraugas que voan cara ao mar...co vello e achacoso vendedor de biblias...cos fíos das mil e unha historias que conforman devagar esta madeixa de tinta, sangue, lume e esperanza.
sexta-feira, julho 07, 2006
DIÁSPORA
Segundo un estudo da CIG máis de 40.000 mozos, a meirande parte entre 25 e 35 anos e galegofalantes, emigraron ás Canarias nos últimos dez anos, máis de 4.000 mozos ao ano, case 11 ao día. Un andazo silandeiro que está a estragar o país e do que ninguén fala e ao que ninguén quere poñer remedio.
terça-feira, julho 04, 2006
Feira do libro
O hipermercado onde onte fixemos a compra únese tamén a iniciativa cultural e celebra a súa particular feira do libro. Nun dos seus corredores, un moza de uniforme diante dunha balanza vende libros (de autoaxuda, superación persoal, esoterismo, enigmas varios e clásicos universais) ao peso. O prezo do quilo varía, hainos a cinco, oito e doce euros.
Subscrever:
Mensagens (Atom)