sexta-feira, julho 07, 2006

DIÁSPORA

Segundo un estudo da CIG máis de 40.000 mozos, a meirande parte entre 25 e 35 anos e galegofalantes, emigraron ás Canarias nos últimos dez anos, máis de 4.000 mozos ao ano, case 11 ao día. Un andazo silandeiro que está a estragar o país e do que ninguén fala e ao que ninguén quere poñer remedio.

3 comentários:

Laurindinha disse...

A Canarias, a Alacante (de Bueu hai unha boa colonia alí...), a Madrid (bastantes...), Barcelona...

Anónimo disse...

Unha vez, no Talgo de Madrid a Vigo, comentaba unha rapaza a unha amiga polo móvil que saira de festa coa súa curmá que vivía en Madrid e que pasara toda a noite falando en galego. A amiga debeuse estrañar e ela respostou (en castelán, como toda a conversa)que todas as amizades da súa curmá que traballaban e vivían en Madrid falaban en galego e que ela, para non se sentir un bicho raro, tamén o fixo, apesar de facelo moi mal. É curioso, pero estase a crear unha Galiza alternativa en Madrid, Barcelona, Valencia, Canarias e Baleares. E o máis triste de todo, é que, especialmente a xente que marchou a Barcelona e Madrid, vale moito, e non abandonou Galiza de boa vontade.

Anónimo disse...

What a great site »