Xa esta todo preparado. Mañá acudirei ao concerto dos Pet Shop Boys (o seu Behaviour segue a ser unha peza fundamental que rematou co hedonismo existencial dos oitenta) e ao día seguinte partiremos para os montes da Paradanta. Un mes lonxe do mundanal ruído, sen prensa, sen cobertura televisiva nin virtual nin case telefónica.
As maletas van ateigadas de libros e filmes. Un feixe de novelas de CiFI de Minotauro e de comics, a ultima de Bret Easton Ellis (todos temos unha paixón literaria inconfesábel e esta é a miña xunto algunha outra que prefiro calar), algúns ensaios e monografías para documentarme para un futuro proxecto. Recuperar en DVD algúns filmes fundamentais que vos recomendo: La Belle Noiseuse de Rivette, A dobre vida de Verónica de Kieslowski, In the mood for love de Wong Kar-Wai e uns grolos xaponeses de Mizoguchi e Ozu.
Vou tamén co propósito de rematar ¡a man! (o deficiente subministro eléctrico non da para ordenadores) unha novela de LIX que lle prometín a meu benquerido editor Nacho Chao para o outono, e da que so levo seis páxinas.
Quedará case todo sen facer, ler ou ver, e devecido entregareime ao dolce farniente cos nenos e súa nai. Conversas, paseos, xogos, algunhas visitas de amigos, procurar vagalumes para que os vexa meu fillo...Vivir. Facede o mesmo e gozade. En setembro falamos.
segunda-feira, julho 31, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Páseo ben folerpa. Goce da vida, que nós tamén tentaremos facelo :)
Enviar um comentário