quarta-feira, novembro 15, 2006

Un país de labregos


«Facemos humor para campesiños porque cando menos en Galicia hai uns 200.000, en cambio premios Nobel no país non creo que cheguen a mil, quizais 800 ou 900 como moito».


Victor Fábregas, máis coñecido coma Tucho.


Co fácil que tería sido para Ánxela Bugallo convidar a uns viños a estas dúas grandes eminencias da nosa cultura popular para resolver o problema do mausoleo do Monte Gaiás.
Nin adiar comparecencias parlamentarias, nin convocar comités nin foros nin discusións. Unha tarde de faladoiro con O´Tonecho e O´Tucho diante dunhas cuncas e asunto solucionado. Alguén que presume de coñecer o gusto de 200.000 campesiños, se é que os hai neste país, sóbranlle méritos para tan sinxela xestión cultural.
Por certo para a súa información neste país só houbo un premio nobel, de literatura e escribía en castelán, e fomos sobre 30.000 os que agardamos esta madrugada para oír falar a Ramiro Fonte en Libro Aberto.

2 comentários:

Veloso disse...

Tonecho for president. Espero que nos vexamos antes da presentación do meu próximo libro, porque se non van pasar anos ou décadas. Unha aperta.

Laurindinha disse...

Eu sonche pro-Tonechos...