Hoxe ía falar deste artigo pero cando viña no vitrasa cara ao centro vin algo que me deixou arrepiado. Case na estrema do meu barrio, multicultural e diverso, á altura da Calzada hai un tenda africana. Nela, venden productos alimenticios, de cosmética e hixiene orixinarios de alí para os moitos africanos que viven pola contorna. Pois ben, esta noite en tinta vermella algún desalmando pintou na fachada e na verxa do local unhas esvásticas nazis e escribiu estas frases: NEGROS FUERA, NEGROS NO. Aínda teño o arrepío no corpo mentres escribo isto, non me chegan as palabras para expresar o que penso dese malnacido. |
segunda-feira, fevereiro 26, 2007
Arrepío
quinta-feira, fevereiro 22, 2007
Fachinelos
Remato un traballo cedo en Vilagarcía e sorpréndome conducindo pola vella estrada en dirección á casa dos vellos. Hai uns días miña tía xubilouse e a taberna e tenda aberta dende 1918, primeiro coma Ultramarinos Carmiña e despois coma Ultramarinos Calveiro cando miña avoa casou co meu avó, pechou para sempre. A ela atópoa onde toda a vida, detrás da barra, sentada nun tallo alto lendo unha noveliña desas do oeste que tanto lle gustan.
Falamos uns intres. Cóntame que onte, despois de vinte anos, foi de novo ao cine. Dame uns ovos caseiros, unhas noces e unhas lambetadas para os nenos e despedímonos axiña.
De camiño á estrada nacional, paso polo camposanto. Creo que dende o primeiro cabodano non regresei. A igrexa fica pechada, séntome no adro e fumo. O agnus dei , que noutrora debuxara Castelao, segue no cumial da ousia. Un cartel na porta anuncia o funeral dun nonaxenario. As datas dos nichos dos vellos delatan o lixeiro paso do tempo que silandeiro nos consume.
As campas están cubertas de algo máis que carriza e herba piñeira: os gorentosos bolos de sangue da vella, o renault doce do vello co seu can acanenado a cabeza arreo, a taberna ateigada de mulleres para ver a primeira televisión da aldea, as nenos apañando os acios caídos baixo a parra na vendima, o día que cortaron a nosa nespereira da eira, os brados de rebeldía das vacas que se negan a subir ao camión da feira, unha batería de xoguete feita coas caixas de pimentón Jauja...os abertos fachinelos da memoria.

segunda-feira, fevereiro 19, 2007
O holandes errante
Vendo estes días navegar sen rumbo ao Ostedijk , está claro que dende o Prestige non mudou nada. Esa bomba química que seica onte enfiaba Ortegal está hoxe, por arte de maxia, na ría de Viveiro. Mudou o goberno estatal e autonómico e seguimos igual. Todo ten que mudar para que non mude nada.
Seguimos sen competencias en salvamento marítimo, sen protocolos de actuación, sen porto refuxio...sen capacidade ningunha de decisión sobre o noso mar e as nosasa costas.
Volvo escoitar certas palabras, SASEMAR, Ministerio de Fomento, delegado do goberno, e un calafrío percórreme o corpo.
Vaia desfeita.

quinta-feira, fevereiro 15, 2007
A terceira vía
Fronte escribir para eternidade, Caneiro dixit, ou para os institutos, Jaureguizar replicat, Xabier Queipo afirma:
" Os escritores deben preocuparse máis da súa obra e menos do seu personaxe."
Supoño que esa lucidez dálla a distancia, o seu afastamento dos encontros no pazo de Mariñan ou dos faladoiros no Consello da Cultura Galega , como el di.
Eu concordo con el, sin que iso implique, dende logo, renunciar a ter opinión sobre o noso sistema literario e os seus axentes, nin a o dereito a expresalo como pete.

sexta-feira, fevereiro 09, 2007
De mandilóns e himnos
Mentres os de aquí rifan por un mandilón e os de alén por un himno, unha nova librería pecha. A Cervantes baixa a verxa, pola falta de vendas e a presión urbanística, o mesmo día en que se remite a Lei de Protección do Litoral ao Parlamento.
Non estaría de maís unha lei de protección do medio urbán, non unha ridícula lei de protección de fachadas que falsea a arquitectura e a historia, senón unha verdeira lei que protexa determinados negocios emblemáticos pola súa historia ou antigüidade, especialmente o seu diseño interior. Que non lembra algún destes locais emblemáticos, sen saír da rúa do Príncipe eu lembro: A favorita, As Colonias ou O Zapato Español...Quen non garda na súa memoria unha botica, un colmado, ou un café caídos baixo a piqueta. Unha mágoa, o páis a estragarse e eles de costas rifando por un mandilón.
( Un verdadeiro pracer oír onte a Ana María Machado no Salón do Libro Infantil, falar dos seus medos reais e literarios. Aínda tedes optunidade de oíla o sabdo, así que animádevos)

sábado, fevereiro 03, 2007
O ano das traducións
Hoxe, no día que Mr. Azar cumpre 60 anos, os medios anuncian a boca chea a súa nova novela. A min hai tempo que me deixou de interesar. Moi lonxe quedan as súas mellores obras: A Triloxía, O pazo da lúa, Leviatán ou A música do azar. Malia é agora cando conta co unánime favor da crítica e do público. Asemade, celebráse a simultánea publicación en galego das súas últimas obras cando o mellor da súa produción fica só en castelán, agás aquel lonxano Mr. Vértigo que Sotelo Blanco publicara no 96. Penso que leva anos perdido nunha repetitiva espiral que non o leva a ningures, podería chegar aos 90 anos escribindo a mesma novela ad infinitum.
Non é este un caso illado, algúns dos meus autores anglosaxóns preferidos hai tempo que perderon o norte: Amis, tamén en galego, McEwan... Agás Barnes que no seu recente Arthur e George mantén o tipo , o panorama é desolador.
Penso que non estaría de máis un criterio máis rigoroso nas truducións, as eivas son evidentes. Está ben vender pero hai que arriscar un chisco. Penso que o catálogo de Rinocerente é un exemplo a ter en conta, eu polo de Hrabal estareilles sempre agredecido pero o de Pericle é unha chata, un mal plaxio dos violentos polards de Manchette, lede Nada se a atopades nun libraría de vello.
Eu só de sexo que un editor arroutado se atreva, por só citar dous, con esa obra mestra de Quignard titulada Terrasse à Rome ou con calquera cousiña de Perec, Je me souviens por exemplo.
O ano das traducións si, pero...

Subscrever:
Mensagens (Atom)