segunda-feira, fevereiro 26, 2007

Arrepío

Hoxe ía falar deste artigo pero cando viña no vitrasa cara ao centro vin algo que me deixou arrepiado.
Case na estrema do meu barrio, multicultural e diverso, á altura da Calzada hai un tenda africana. Nela, venden productos alimenticios, de cosmética e hixiene orixinarios de alí para os moitos africanos que viven pola contorna. Pois ben, esta noite en tinta vermella algún desalmando pintou na fachada e na verxa do local unhas esvásticas nazis e escribiu estas frases: NEGROS FUERA, NEGROS NO.
Aínda teño o arrepío no corpo mentres escribo isto, non me chegan as palabras para expresar o que penso dese malnacido.

3 comentários:

Anónimo disse...

Esvásticas ?, Fora negros ? Recorda moito otras situacións que por non cortalas a tempo acabaron non moi ben...Racistas non (graciñas)
PD. Do artigo. Suso de Toro, unha das mentes máis lúcidas no noso país. Campei !

Arale Norimaki disse...

O triste é que estas actitudes non son máis que unha canalización dun odio irracional. Empregan eses termos por pura provocación, porque dan arrepíos, porque crean medo. Canto mellor nos iría se desalmados coma ese gastaran a forza en cousas máis productivas. Sachar leiras, por exemplo.

Raposo disse...

O racismo está medrando en toda Europa e eso é grave. Por exemplo, estes días en Francia o Le Pen ese segue coa súa teima de perseguir os emigrantes e de consideralos inferiores.
Eu tamén os poñería a sachar leiras, como di Arale Norimaki. Le Pen incluido.