segunda-feira, maio 28, 2007

As contas do leiteiro electoral


Tras os resultados de onte, unhas breves reflexións en clave local:


1ª Que na cidade con máis peso social e industrial do noso país a candidata popular quede a tan só 2.800 sufraxios da maioría absoluta dá moito que pensar e máis debería darlle a socialistas e nacionalistas sobre as súas políticas e candidatos nestas cidade nos últimos anos. A mágoa é que non farán autocrítica ningunha, pois xa andan a repartir o gorentoso pastel que paparán durante os vindeiros catro anos.


2ª Que onte 100.000 vigueses, eu inluído, nin se achegaran polos colexios electorais para depositar o seu prezado voto e sintomático do estado anímico desta cidade e debería levar a todos os grupos políticos a unha fonda reflexiódn sobre as súas estratexias de participación cidadá. Tampouco farán esta reflexión poios estánse a converter en grandes monstros oligárquicos e burocráticos cada día que pasa máis lonxe das rúas.

5 comentários:

Anónimo disse...

Pois seguimos compartindo cousas (Bohumil, Gainsbourg...) e a opinión -eu non son vigués nin vivo en Vigo, pero fago extrapolación- sobre boa parte da clase política, sexan cales sexan as súas siglas.
Un saúdo.

Raposo disse...

Outra reflexión: se o día seguinte das eleccións todos ganan ¿quen carallo perde?

Anónimo disse...

Quizás la primera reflexión se explique con la segunda, ¿no?

folerpa disse...

Que ben 3 comentarios despois de 15 días!!!! Supoño que non ando moi inspirado nos ítimso tempos e iso nótase.
Una saúdo para Pepin e o raposo. Anónimo visto así ao mellor levas razón, aínda que penso que a abstención é na súa meirande parte de esquerdas, tamén hai nela votantes da dereita.

Anónimo disse...

Precisamente os que non ides a votar non vos podedes queixar de que a candadita do PP casi chegase a maioria absoluta.A baixa participación sempre favoreceu a dereita. Só hai que ver os votos da saida da misa, e se comprende cómo os máis conservadores sempre van a votar.
Un saúdo