sexta-feira, julho 20, 2007




Nadar
e matinar coas rapazas espidas
que mollaron nestas augas antes
os seus peitos mornos polo sol.

Nadar de noite
e oír na bucina de poliéster
deste artificial mar azul
os afastados ecos da felicidade allea.

Nadar de noite nas piscinas
e ser o derradeiro convidado
en improvisados e buliciosos pícnics familiares.

Nadar de noite nas piscinas baleiras
e procurar o mellor tempo
na longa e extenuante proba que a todos nos agarda.


Nadar e gardar a roupa
de piscina en piscina
dunha urbanización a outra
pasar silanderio pola vida
e nadando
arredarse da pelexa
camiño desa gran piscina do hourizonte
onde balorento se pon o día.



(Este poema basease libremente no conto de John Cheever e no filme de Frank Perry homónimos)

6 comentários:

Anónimo disse...

E a canción de REM tamén, non?

Raposo disse...

Independientemente de en que se base, o poema é ben fermoso.
Apertas.

Anónimo disse...

Lendo isto éntranme unhas ganas de estar na piscina en remollo gozando dos raios de sol...Que frescor!

X disse...

Quédome coas dúas primeiras estrofas. Estupendas!

folerpa disse...

E a canción tamén, Xesus, non me lembrara da homonimia.Grazas raposo, tamara, e x.
Con indepedencia da calidade do meu poema eu pregariavos un exercicio estival: ler o conto e ver o filme. A súa xenialidade é reconfortante.

Anónimo disse...

http://www.youtube.com/watch?v=YYBEI5zeB7k
hola