
Ao fío desta nova anotación de
Brétemas, venme a cabeza a fenómeno das chamadas
kentai bunko no Xapón. Son novelas para ler no móbil por capitulos de 500 caracteres, moi asociadas aos estereotipos e xéneros do manga. O 80% dos seus usuarios son mulleres que len novela romántica ou policiaca nos ateigados vagóns do metro, mentres, os homes prefiren ver espirse a unha ruliña no seu móbil.
Por dous euriños ao mes pódense baixar as que se queiran, hai editoriais con máis de 20.000 subscritores. E o negocio non é marxinal, xera un mercado de 60 millóns de euros ao ano.
Sem comentários:
Enviar um comentário