quinta-feira, novembro 29, 2007

Que noite a daquel día !



Hai que recoñecer que os da editorial organizaron unha festa por todo o alto. Foi marabilloso ser o protagonista durante unhas horas, amais da felicidade de atoparme e conversar con dous dos nosos autores exiliados na capital, un deles fai unha atinada crónica do evento, da que tamén podedes ler máis aquí.
A esmorga foi das boas, pois rematei de madrugada nun local flamenco cos encantadores editores de 451.
De Madrid, pouco que contar, non tiven tempo de ver nadiña. Iso si, non tomei un café decente en tres días, ¿será tan difícil facer un bo café?
Dáme pudor poñer algunha foto da entrega do premio, polo que pendurei esta dun pobre gorrión perdido na inmensa e espectacular T4.

4 comentários:

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Si que lle hai bo café en Madrid. Eu tomo un café estupendo todas as mañás... nun bar de galegos.

Anónimo disse...

Hai xa uns cantos anos que veño asistindo á entrega destes premios, e dende logo cada vez van a mellor. Este ano estivo moi ben, dende a carteira que nos deron cunha edición especial numerada das obras, ata as pantallas de plasma nas que proxectaban vídeos (moi bos) sobre as obras gañadoras, e o local, que está moi ben.
E aínda por riba, este ano gañou un libro en galego! Iso foi, sen dúbida, o máis fermoso da noite.
Pasei uns momentos moi agradables en compaña de Xesús Manuel, Marcos e Nacho.
Grazas, Marcos, por faceres con este premio máis visible a literatural infantil en galego. E xa sabes, a seguir, que queda moito camiño (sen dúbida moi ilusionante) por percorrer.

Anónimo disse...

Por certo, nas vías da estación do metro de Pueblo Nuevo hai tempo (bastantes meses) que vive un pardal. Cousas que teñen as cidades! (sen dúbida o tema dá para unha historia).

R.R. disse...

Noraboa de novo. Algúns, despois de "Rinocerontes e Quimeras" xa estamos esperando a poder lelo.