Veloso fainos unha angustiosa chamada:
"Non son optimista. Creo que a lingua galega camiña de xeito irremediable cara á súa desaparición. Morremos, de acordo, pero algúns non estamos dispostos a agoniar en soidade. Por iso nace este blog, coa intención de que sirva de lugar de reflexión e debate. Agradezo críticas, azos, datos e, sobre todo, ideas. Está en xogo un dos nosos principais sinais de identidade. Aínda que a moitos tanto lles teña."
E eu, solidario, respondo a súa petición de auxilio e fago unha simple proposta. Como consumidores temos unha forza da que non nos decatamos, unha forza que podemos comezar a exercer tamén como galegofalantes. Nestes tempos de Nadal en que todos faremos compras e mercaremos agasallos, nada máis sinxelo que mercar só aquilo que nos venden en galego. Polo tanto, con non mercarlle ren a todas aquelas empresas que nos desprezan e nin se molestan en ofertarnos os seus produtos na nosa lingua, asunto arranxado.
Facede coma min, cada día, sentádevos durante uns intres diante da Galega e ide tomando nota de todos aqueles que non se anuncian en galego. Nós, na casa, xa temos a nosa particular lista de vetados, ata mudamos de marca de pan de molde malia as queixas dos nosos fillos.
No caso dos xoguetes, o asunto é un chisco máis complexo, xa que estes días nun intermedio do Xabarin, o 90% deles anunciase en castelán, pero tentádeo tamén.
Esta decisión é persoal e cada un pode adoptala ou non. Non pretendo iniciar campaña de boicot ningunha, cada un é moi libre de facer o que lle pete.
Mais, como di Veloso: está en xogo un dos nosos principais sinais de identidade.

2 comentários:
Súmome á proposta. E engado un dato que me parece relevante: ata hai algún tempo, os anuncios da TVG eran case todos en castelán. Agora debe de andar a cousa nun cincuenta-cincuenta. Camiñamos.
Un saúdo.
Por certo, co seu permiso, creo que lle vou copiar a entrada.
Enviar um comentário