quarta-feira, dezembro 26, 2007

Supervivente


Fago está anotación para dar fe de que sigo vivo. Unha inoportuna viriasis derruboume na cama o día 19 pasado, de aí a miña ausencia destes derradeiros días. Nin puiden facer a cea de noiteboa como adoito.
A presentación do libro estivo moi ben e foi un auténtico pracer compartir un intres coa familia e amigos, amais de contar coa amable presenza dun extraordinario triunvirato da nosa LIX e coa estimulante compaña do insigne Martin. Grazas a todos.
(A quenda inexorable do becho continua e a miña filla apareceu onte con febre alta, así que hoxe toca pediatra)

1 comentário:

R.R. disse...

Por aquí o proceso invertiu a orde no contaxio: primeiro os pequenos (nadal hospitalario en sentido estricto incluido) e agora o pai metido na cama. O inventazo do güifi permíteme aledarme pola súa recuperación e pregarlle pra que pida pola miña ós seus deuses e demos...

Saúdos!