Hoxe, no día que Mr. Azar cumpre 60 anos, os medios anuncian a boca chea a súa nova novela. A min hai tempo que me deixou de interesar. Moi lonxe quedan as súas mellores obras:
A Triloxía, O pazo da lúa, Leviatán ou A música do azar. Malia é agora cando conta co unánime favor da crítica e do público. Asemade, celebráse a simultánea publicación en galego das súas últimas obras cando o mellor da súa produción fica só en castelán, agás aquel lonxano
Mr. Vértigo que Sotelo Blanco publicara no 96. Penso que leva anos perdido nunha repetitiva espiral que non o leva a ningures, podería chegar aos 90 anos escribindo a mesma novela ad infinitum.
Non é este un caso illado, algúns dos meus autores anglosaxóns preferidos hai tempo que perderon o norte: Amis, tamén en galego, McEwan... Agás Barnes que no seu recente
Arthur e George mantén o tipo , o panorama é desolador.
Penso que non estaría de máis un criterio máis rigoroso nas truducións, as eivas son evidentes. Está ben vender pero hai que arriscar un chisco. Penso que o catálogo de Rinocerente é un exemplo a ter en conta, eu polo de Hrabal estareilles sempre agredecido pero o de Pericle é unha chata, un mal plaxio dos violentos polards de Manchette, lede
Nada se a atopades nun libraría de vello.
Eu só de sexo que un editor arroutado se atreva, por só citar dous, con esa obra mestra de Quignard titulada
Terrasse à Rome ou con calquera cousiña de Perec,
Je me souviens por exemplo.
O ano das traducións si, pero...