quarta-feira, março 19, 2008

Terras lonxanas



Por que non te fías dos homes?
Porque unha vez fieime de un

El non é James Stewart
aínda que leve un stetson
e un lazo texano no pescozo.
Ela tampouco é Ruth Roman
pero si unha rapaza de salón
que serve bourbon aos forasteiros.
Non están en Dogde City
nin ao oeste do río Pecos
senón a saída de Padrón
nunha lóbrega barra americana.





4 comentários:

Ana Bande disse...

Un personaxe entrañable, boa homenaxe, si señor.

Anónimo disse...

Non sabíamos (ou non lembrabamos) que "Terras Lonxanas" estivera adicada al gran Mr. Balan !!!
PD. Ainda recordo o respirar do "ideólogo" mentras recita, Pronto en formato dixital ?
A Madriña bless John Balan " o comedor de fanecas"

Beluka disse...

:) Máis que xeitosa a homenaxe.
:*

folerpa disse...

Grazas a todos. esquecera poñer no post que o título e o diálogo correponden a un gran filme de Anthony Mann escrito por Borden Chase (http://www.imdb.com/title/tt0048055/)
John forma parte da miña mitoloxía persoal. Aínda lembro con emoción cando vin en Vivir cada día o seu rostro féliz en branco negro paseando polas rúas de Nova York.Xenial.
Teño un relato escrito hai anos que narra unha das súas últimas actuacións naquela TVG popular. Supoño que algún día verá a luz.