sexta-feira, março 28, 2008

Corvos Brancos



O Carteiro de Bagdad xunto con outros dous libros galegos tivo a honra de entrar no catalogo White Ravens 2008 . Todas eles formarán parte dunha exposición durante a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña entre o 31 de marzo e o 3 de abril, ademais incluiranse nun catalogo que se difundirá por todo o mundo.

3 comentários:

bouzafria disse...

Moi ben, noraboa.
E se mo permite: poña ben o reloxio do ordenador ou faga o favor de durmir pola noite, que as cinco da mañá non son horas de postear ( está a atenuante dos rapaces pequenos)

R.R. disse...

¡Noraboa!

Señor da Bouzafría: as cinco da mañá é unha hora perfecta para poñerse a traballar (sobre todo se na casa hai despertadores deses que se chaman "cativos"). Pero a min, a verdade, paréceme mellor hora para regresar á casa, que seguro que foi o que lle pasou ó señor Folerpa. A saber o que andaría facendo...

Veloso disse...

Xa se sabe que os corvos se tinguen de branco en canto lles caen por riba as primeiras folerpas. Parabéns! Amigo "Caldeiro", o camiño é longo e moi prometedor. Goza da paisaxe.