terça-feira, abril 01, 2008

PeNes


Foi un auténtico pracer acompañar ao noso r.r. nos PeNes o sábado no restaurado e fermoso Jofre na compaña de Brétemas e Celia . Aí o podedes ver na foto a carón de lumbreras como Molina Foix, Olvido García Valdés e o prolífico Sierra y Fabra. Do acto o mellor que se pode dicir é que foi breve. Dos discursos do ministro en funcións CAM e de Touriño, agás do seu bilingüismo, pouco que dicir, aínda que non fun o único que apreciou nas palabras do presidente algún que outro recadiño á política da conselleira Anxela B, presente no acto pero sen unha soa liña de texto.
O discurso de agradecemento de Juan Mayorga en nome dos galardoados das artes escénicas foi un prodixio de sensibilidade, beleza e xenerosidade cos seus compañeiros. Vilariño estivo un pouco máis egoísta, máis conceptual, pero enfiou uns luminoso texto sobre o inaccesible da creación artística.
O momento máis emotivo, despois da recollida de diploma de r.r., foi o remate do acto, cando o coro Toxos e Froles interpretou o himno galego con todo o teatro posto en pé acompañándoos. Os madrileños que tiñamos sentados diante non daban creto ao que escoitaban e bisbaban entre eles. Non se ao final, aquilo de que os himnos teñan letra vai a ter o seu aquel.

3 comentários:

Ana Bande disse...

Moitas grazas pola crónica, mágoa non poder estar alí.

Anónimo disse...

Aquí nesta foto está que nin diola o homenaxeado. Moi boa crónica e sen o vitriolo do reporteiro enmascarado. COmo entre o Hola e o Qué me dices.

R.R. disse...

O pracer foi meu, que dende Vigo viñerades facerme compañía é impagable.
O fallo foi que pouco despois de que o señor das Brétemas, Celia e ti marchastes, descubrimos (miña nai) que arriba estaba a maioría da xente dándolle ó viño e ós pinchos. Pouco olfato protocolario o meu... O dito, moitísimas gracias porque as ausencias que doeron salváronas presencias coma as vosas ;·D