Sempre que teño encontros cos rapaces nas escolas, como este martes en Ponteareas, hai unha pregunta que nunca falta, ademais de porqué escribo en galego: haberá segunda parte do Carteiro?
Eu trato de explicarlles que cando escribo o primeiro que teño é o final e todo o proceso de escrita é un carreira de obstáculos para chegar ata el, para pechar o círculo máxico. Os rapaces non quedan moi convencidos coas miñas explicacións e teñen curiosidade por saber que foi de Abdul e da súa familia. Pare eles a vida e a ficción xa son unha serie eterna de milleiror e milleiros de captítulos.
Onte, mentinlles e prometinlles o imposible: que o día que nas rúas de Bagdad se escoite o silencio da paz e non os estoupidos, os disparos e o zunido dos abáboros americanos, contarei que foi deles.
3 comentários:
Oxalá tivese que escribilo, pero eu non faría apostas.
E por certo, onte estreeime con rapaces de instituto e flipei. Paseino como un mico, e os máis deles creo que tamén...
Saúdo
Un parente remoto contoume hai anos unha anécdota acontecida no Colexio Peleteiro de Santiago. Nun coloquio con Miguel Delibes, un rapaz preguntou que pasaba co protagonista de "El camino" despois da novela, que tal lle ía nos estudos, se chegaba a bo porto a súa relación coa Uca-Uca, se tiña moita morriña... O sorprendente é que Delibes, en vez de inventar calquera cousa ou aclararlle ao interpelante as particularidades do artificio narrativo, reaccionou arisco e malhumorado, molesto polo que el consideraba unha parvada de pregunta. Polo tanto, alégrome dobremente de que lle mentise vostede aos rapaces de Ponteareas. Por certo, agardo que nos vexamos pronto, talvez na cea da AELG.
r.r., eu aínda me soprendo cos rapaces cada vez que me xunto con eles.
Veloso, os de AELG convidáronme a cea como finalista, malia non ser asociado.Agardo velo por alí entón.
Enviar um comentário