Co gallo desta efeméride preséntase na biblioteca Rialeda de Oleiros un título da colección ‘Lagarto pintado’ editado pola xente de Galix ao que fun convidado a participar. A compilacións de relatos para maiores de dez anos titúlase Tres blues e un rap, e nelas xunto con Xerardo Quintiá, Lourdes Maceiras e María Canosa aportei o meu gran de area cunha pequena homenaxe aos westerns da miña infancia, ademais o volume leva unhas magnificas ilustracións de Ramón Trigo.
(A imaxe correspóndese a unhas das fermosas ilustracións que Marta Álvarez fixo para a compilación de menores de dez anos)
Sem comentários:
Enviar um comentário