terça-feira, abril 15, 2008

Volver


Hai uns días, na mesa, ameacei á miña filla de tres anos con que ía quedar sen sobremesa se non comía e deixaba o prato baleiro. Ela puxo cara de enfado, entornou os ollos, fitoume con toda a carrexe dos seus poucos anos e devolveume a ameaza.

Cuando yo sea mayor y tu pequeño, ya verás, ya, yo voy a ser la que mande.

A súa nai mais eu escachamos coa risa, logo fíxose un mesto silencio, mirámonos e decatámonos de que levaba razón, moita razón.

Non rematou a comida e por suposto tomou o seu xeado de chocolate branco, polo que poida pasar no futuro.

5 comentários:

R.R. disse...

Iso de enfrontarnos ós vicios educativos é sorprendente, parece que é que non sabemos outro xeito (a min, polo menos, cústame evitalo). Pero ó final, incluso cos cativos, é unha loita de déspotas contra déspotas, ¿non é?.

Fixo ben anotar a resposta da nena, é para lembrar.

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Estou de acordo con r.r. Ás veces non se pode evitar, ou eu, polo menos, tampouco sei evitalo.

Señor das alfaias, a esas idades argumentan coma Sófocles. Se collen entre tres ou catro a Sócrates, destrózano.

folerpa disse...

r.r., oulego, o curioso do asunto é que falando uns días despois con ela, descubrín que ela cre de verdade que o proceso vital dos adutlos e volver a ser naipelos de novo. Non sei de onde sacou esa idea, a non ser que por algunha conversa perdida relacionara os cueiros e a dependencia dalgúns anciáns coa nenez. Non sei, é un misterio que me ten marabillado e no que seguirei pescudando.

R.R. disse...

Ou que xa coñece a historia do incrible home minguante... :-O

Ana Bande disse...

Hai que tratalos ben a estes pequenos dictadores, a miña hai xa moito que tamén por motivos culinario nos ameazou con pasearnos espidos nas cadeiras de rodas cando maiores...aínda non me dou recuperado do susto. Porsi, agora lévolle o almorzo á cama a diario.