Corvos Brancos




Hai agora un ano, andaba ensarillado en contar a vida de Abdul e dos seus pais. Pasou outro ano máis, cinco dende o comezo da guerra, e todo segue igual baixo o balbordo dos disparos e das explosións. Sei que Abdul, Ibrahim, Fatiha, Ahmed, Faysal... viven aínda nas páxinas do meu libro, por desgraza, na realidade que cuspe a televisión, moitos outros non. Vaian estas palabras en homenaxe a todos eles, aos que día a día deixan a vida, os soños, as arelas, o futuro, nas perigosas rúas de Bagdad. Agardo que algún día Abdul poida regresar a escola, que Ibrahim poida repartir o correo sen medo a una bala perdida e que Fatiha poida pasear pola rúa mostrando o seu fermoso rostro. Agardo que algún día...

Seica un tal Marcos S. Caldeiro é finalista dos premios da AELG cunha obra titulada Rinocerontes e Quimeras publicada por Tambre e a cargo do editor Nacho Chao. Deséxolle moita sorte.
“Chegamos a unha prosa de oficina que desdeña as formas e na que só importa o qué e non o cómo. Supoño que ten que ver con que a vulgaridade séntese maioritaria, e iso reflíctese na literatura e na rúa. Cando as meigas de Macbeth dixeron que o feo é fermoso e o fermoso é feo, semella que estaban profetizando. O concepto de transgresión , tal como se emprega hoxe, resúltame perverso. A beleza é máis transgresora que a fealdade.”