terça-feira, setembro 23, 2008

A confraría da vieira


Agardo que a santísima confraría da vieira organice outro xantar de homenaxe a este restaurador, dilixente e reponsable el, que si mandou analizar os bivalvos e ante a súa toxicidade negouse a mercarllos aos furtivos.

segunda-feira, setembro 22, 2008

O derradeiro día do estío

Nun grupo de vinte persoas, dez nenos e dez adultos, pasamos a xornada do sábado no concello de Bande. Nel están dous dos máis senlleiros fitos do noso patrimonio cultural. Por unha banda a marabillosa igrexa de Santa Comba (síntoo, arume, pero esta é a capela máis fermosa do mundo) e pola outra o campamento militar romano de Aquis Querquennis na ribeira do encoro das Cunchas no que pasa gran parte do ano baixo as súas augas toldadas. Dous lugares máxicos e extraordinarios que nos permiten viaxar cara atrás no tempo e que ben merecen a visita. Amais engadir unha toponimia ricaz con nomes tan suxerentes como Lobosandaus e unhas burgas que no fixeron sentir coma pretores romanos.

Malia todo, contrasta o luxo do centro de interpretación da Vía Nova, cunha atractiva exposición, auditorio e vídeo incluído, co abandono institucional da igrexa de Santa Comba, que dende a súa restauración hai máis de 25 anos, está en mans dos veciños que se encargan do seu coidado e se pasan as chaves duns a outros. A encantadora Marisé é quen a leva mostrando de xeito desinteresado aos visitantes dende hai oito anos, non hai ninguén máis novo na aldea que o poida facer, e dando boa conta ademais dos seus coñecementos artísticos e da súa simpatía.

sexta-feira, setembro 19, 2008

Una linea que sueña


Hoxe as 20.00 inagúrase unha exposición na galería Dua2 de Vigo na que o pincel de Ramón Trigo tenta apreixar no baleiro do papel as palabras fuxidías de Carlos Oroza.

quarta-feira, setembro 17, 2008

Bruxas e prostitutas


Malia a vertixe destes dous días, aproveito para deixarvos unha nova anotación no obradoiro da rúa d´Armada comentando a crítica de Ana Bande e para deixar constancia de que esta é unha das novas máis importantes para a literatura galega dos últimos tempos.

segunda-feira, setembro 15, 2008

O canto dos peixes


Un libro meu titulado O canto dos peixes ven de levar hai unhas horas o premio O Barco de vapor da editorial SM. A seca segue, máis estou feliz. En cultura.org adianto algúns detalles do libro.

Actualización 17/9/08: Nesta entrevista en A Nosa Terra falo máis devagar da novela.

A chanza infinda



O venres pasado deixounos o gran D.F.W

sexta-feira, setembro 12, 2008

A seca...


...xa vai para cinco meses e comezo a estar inquedo.

quinta-feira, setembro 11, 2008

A idade de ouro da novela gráfica...


... é o título do artigo que publico no semanario A Nosa Terra que podedes atopar hoxe nos quioscos da vosa vila ou cidade. Asemade aproveito para deixarvos unha nova anotación no obradoiro da rúa d´Armada dando conta da crítica de Eyré nese mesmo semanario.