sexta-feira, setembro 12, 2008

A seca...


...xa vai para cinco meses e comezo a estar inquedo.

9 comentários:

aprendiza disse...

Ola, son unha ladroa de imaxes, collín unha imaxe que estaba no teu blog para ilustrar unha entrada no meu. Puxen que a collín de aqui, pero se non queres, podo quitala.
E a da lingua dos Rolling que pon "EN GALEGO".
Graciñas e ánimo con esa seca... seguro que remata pronto

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Imos ter que lle tomar unhas cañas e poñelo a andar. Arrecarallo. Vouno visitar próximamente.

Anónimo disse...

Fíxese que coincidencia:
http://www.independent.co.uk/arts-entertainment/books/news/poet-laureate-got-writers-block-925600.html

(Xa advirten de que os métodos explicados non teñen garantía. Ánimo).
Xesús Fraga

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Xa sabe, as relacións con "ela" son igual que cun cativo, e un cativo ben caprichoso. Iso, no meu caso. Se lle dis que veña e sente, di que non quere. Se o obrigas a facer algo, nin baténdolle. Se o ignoras, acaba por vir mansiño, e logo non marcha do teu carón ata que lle fas caso e xogas con el todo o tempo que queiras. Se é iso o que quere escribir, paciencia, que xa virá. Apertas.

R.R. disse...

Xa somos dous: quero crer que é un xeito de barbeito ou cousa así...

Anónimo disse...

eu tamén recibín novas sobre un home co cerebro seco mais fora por que dalí lle nacía un toxo dentro do cráneo, esquecía ata a súa propia historia pero a súa ollada fería.
saúdos e humedézase de palabras por favor.

Veloso disse...

De cando en vez é conveniente. Coincido con r.r., é un barbeito. Non se preocupe. A fonte volverá.

folerpa disse...

Aprendiza, non hai problema eu nin lembro de onde collera esa imaxe.
Grazas a todos polso ánimos. Recoñezo que non teño dereito ningún a queixarme pola miña sorte dende que empecei a publicar, malia todo me invade o desanimo. Adoito ter “colocado” a meu anterior libro antes de poñerme coa seguinte novela. Agora levo case cinco meses de seca, incapaz de coller o fío dalgunha das historias que teño na gabeta. O proxecto dunha serie que non levantou entusiasmo ningún, a idea dun álbum ilustrado que non se dá materializado e unha novela rematada que malia os eloxios dos meus lectores de confianza/ grzas de verdade) non atopa o seu lugar no mundo e iso que penso, inxenuo de min, que é do mellor que escribín... O ano xa vai devalando e a outonía calla ás alancadas no meu ánimo tristeiro, será a síndrome post-vacacional esa da que tanto falan xornais e revistas.

Anónimo disse...

Pero xa tes o mono de escribir, o teu é vicio, Careco. Repousa un pouco, que xa virán as musas cando menos o esperes... haberá que inventar un parches de palabras para quitar ese mono...