segunda-feira, setembro 01, 2008

Regreso


Tras un estío de días tranquilos coma exclusivo monitor de tempo libre dos meus fillos (o mal tempo deixounos sen praia ) volvo ao rego. Non abrín o portátil en todo o verán, non lin un libro, agás unhas interesantes monografías para a próxima novela, grazas Arume, moita prensa, atletismo olímpico, moita bricolaxe nas reforma da casa dun amigo e o agardado trailer de aí enriba.
Para o bocoi das lembranzas algúns acenos e risos, dous días de na praia de Tulla, una treboada espectacular sobre a ría, as parvadas do vello Steiner, o mal encaixe dalgúns, o matar ao mensaxeiro de sempre e a pouca e necesaria autocrítica, o caso somos nós.
Aproveito tamén e déixovos unha nova anotación no obradoiro da rúa d´Armada e o enlace da entrevista en A Nosa Terra.

3 comentários:

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Benvido. Hoxe chegou ao meu correo o outro libro que quizáis che interese.

paideleo disse...

Benvido !.
A praia de Tulla é un dos últimos paraísos que quedan na nosa terra.

folerpa disse...

Benvidos tamén vos.
Paideleo, levas razón, eu non coñecía Tulla e fiquei marabillado. Volvín a aquelas xornadas da miña infancia nunha Lanzada salvaxe e deserta, unha senasación que había anos que non tiña.