quinta-feira, julho 31, 2008

Unha mareira de 150.000 libros

Como último acto oficial antes das vacacións, o luns día 4 de agosto ás 20.00 presentarei Festina lente na Feira do Libro da Coruña canda o meu editor Manolo Bragado e o insigne Óscar Sánchez, cos que seguirei a animada conversa que comezamos na feira de Vigo. Como adianto, podedes ler unha entrevista que me fixo Manolo Veiga no nº do semanario ANT de hoxe.

Despois tomareime un respiro ata setembro. Pasaremos o mes en Prado, sen TV, sen wifi, case sen cobertura de móbil: o paraíso. Levarei o portátil e coma sempre non escribirei nada. De todos os xeitos cando baixe a Ponteareas ou a Cañiza a facer a compra tentarei facer algunha anotación dende un ciber. Pasádeo ben. Abur.

10 comentários:

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Tamén estou a piques de partir para o Courel, nunha situación semellante. Tempo libre dabondo para ler os libros pendentes. Que o pasen ben. Saúdos.

folerpa disse...

Igualmente, Oulego. Os meus libros quedaran pendentes, pois ando documentándome para maiña próxima viaxe literaria.

Anónimo disse...

Páseo ben vostede!

folerpa disse...

r.r., igualmente. Pénsolle rematar esa lectura inciada hai tempo e case esquecida. Prométollo, son os meus deberes de verán.

R.R. disse...

Non perda o tempo. Hai moito que ler no mundo e iso está por rematar. A ver se nos vemos logo na Coru...;-D

Anónimo disse...

Páseo de pm. Que os coruños coma o rr o traten ben. Que son expertos na hospitalidade.
E agardo que as lecturas lle sexan fructíferas.

bouzafria disse...

Eu estarei non lonxe de vostede, tamén na Paradanta. E parabéns polo libro.

Anónimo disse...

Non vemos a entrevista, folerpalfaia.

paideleo disse...

Que pases boas vacacións.

Anónimo disse...

Foi ben divertida a presentación.