Falaba onte Jaureguizar sobre os títulos dos libros e preguntábase:
“Levo uns días pensando se Festina lente, a última novela de Marcos Calveiro, ten un nome caralludo ou foi un erro. Festina lente, bule a modo, é un dito latino e ten a virtude de que soa a Bach e asemade chama a atención e é doado de lembrar.”
Barallei moito outros títulos, como Antifonario, Libro das Horas de Ambrosio Cavaleiro, O códice dos lavancos, Arxinas ... e ata un noite, antes de durmirme, atopei o titulo perfecto, mais por non erguerme para anotalo, a mañá seguinte xa o esquecera. E que eu, neses intres nos que tardo en botarme no van de Morfeo, escribo moito coa cabeza, pero xamais tomo notas. Hai tempo, perdín a trama enteira dunha novela que agardo recuperar algún día nos meus soños ou pesadelos. De todos os xeitos, por precaución, agora sempre teño na mesiña un caderno e un lapis, polo que poida pasar.
(Ilustra a anotación a cuberta dun dos libros que máis me impresionaron de mozo e que ten un titulo sinxelo e brutal de vez)
2 comentários:
A min o título non me dicía nada e agora sei o seu significado.
Non está mal.
O Extranxeiro tamén foi un dos libros que máis me impresionou. E no tocante á escolla dos títulos das obras, considero que é o máis persoal que ten un escritor, a escolla do nome para a súa obra.
Enviar um comentário