terça-feira, julho 01, 2008

Na Feira do libro de Vigo


Hoxe, as 20.30, e na compaña do meu editor Fran Alonso e do insigne Óscar Sánchez presentaremos Festina Lente na feira do Libro de Vigo. Quedades convidados.

Actualización 2/7/08: A presentación estivo ben, case pechan a feira e Oscar máis eu seguimos falando. Entre o público, amigos, familia, escritores como An, Agustín ou Laura , descoñecidos, algún senlleiro blogueiro e Dafne, unha rapaza que traía Sari e Rinocerontes para que llos asinase. Entre o balbordo non tiven oportunidade de falar con ela un chisco, unha mágao, agardo que lea isto ou que nos atopemos noutra ocasión. Grazas a todos.


2 comentários:

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Non estivo ben: estivo moi ben. Vin a última parte e resultoume moi entretido. Eu creo que se consigue ir a máis sitios, estou seguro de que seduce a máis xente. Moi interesante. A ver se nos vemos polos Vigos para charlar máis a miudo. En pouco tempo, remato a novela e fago a crítica no meu blog. Pero déixeme unha semán, porque estou de congreso a vindeira semán.
Unha forte aperta e sorte. Ben a merece. E noraboa (polo que levo lido).
Vou entrar no blog do seu libro a ver se está arranxado o dos comentarios.

folerpa disse...

Graciñas, arume, agardo por esa conversa unha vez remates o libro.
O dos comentarios no obradorio xa está arranxado grazas a ti.
Unha aperta.