Nun grupo de vinte persoas, dez nenos e dez adultos, pasamos a xornada do sábado no concello de Bande. Nel están dous dos máis senlleiros fitos do noso patrimonio cultural. Por unha banda a marabillosa igrexa de Santa Comba (síntoo, arume, pero esta é a capela máis fermosa do mundo) e pola outra o campamento militar romano de Aquis Querquennis na ribeira do encoro das Cunchas no que pasa gran parte do ano baixo as súas augas toldadas. Dous lugares máxicos e extraordinarios que nos permiten viaxar cara atrás no tempo e que ben merecen a visita. Amais engadir unha toponimia ricaz con nomes tan suxerentes como Lobosandaus e unhas burgas que no fixeron sentir coma pretores romanos.
Malia todo, contrasta o luxo do centro de interpretación da Vía Nova, cunha atractiva exposición, auditorio e vídeo incluído, co abandono institucional da igrexa de Santa Comba, que dende a súa restauración hai máis de 25 anos, está en mans dos veciños que se encargan do seu coidado e se pasan as chaves duns a outros. A encantadora Marisé é quen a leva mostrando de xeito desinteresado aos visitantes dende hai oito anos, non hai ninguén máis novo na aldea que o poida facer, e dando boa conta ademais dos seus coñecementos artísticos e da súa simpatía.
3 comentários:
Non vou litigar por tal cousa. Acepto que poda haber as dúas capelas máis fermosas no mundo.
Inaudito, estou de acordo cos dous discordantes: penso que a de Bande é a capela máis fermosa do mundo pero estou de acordo en que pode haber máis de unha, porque a min a que se me vén á cabeza como a máis fermosa é a de Eiré, en Pantón... Supoño que pode haber incluso tres capelas máis fermosas do mundo, claro.
Esa comarca é preciosa, Alfaias, e aí ó carón mesmiño, o Gerés-Xurés tamén merece visita.
Supoño que hai tantas capelas como fieis ou ateos que é o meu caso.
O Xurés quedou para outra ocasión r.r. que eran moitos nenos de dios.
Non coñezo a de Pantón, haberá que ir vela entón.
Enviar um comentário