
segunda-feira, março 15, 2010
terça-feira, maio 12, 2009
As afinidades electivas

Quizabes a calidade que mellor nos defina aos blogueiros sexa o desencanto. Ciclicamente, melancólicos, certificamos  a nosa morte e redactamos o noso propio obituario.
            Esmorecen os xornais en papel,  disque tamén os libros, e agora a este ladaíña interminábel de cadáveres seica tamén hai que engadir o blogomillo. Asistimos ao noso velorio, soterrámonos e os máis crentes  reencarnámonos  nun perfil que din que nos define, pero que reduce  as nosas vidas a unha listaxe de gustos e preferencias tan baleira coma esa soidade da que renegamos. Procuramos centos de amigos e agregámolos nese patio de rexoubas tan grande e solitario coma un deserto.  Cada gran, un amigo. Todo eles collen nunha presada de area que cando nos decatemos esluirase  entre os nosos dedos. Volvemos coleccionar cromos coma cando nenos; cambiámolos e durante un tempo  vivimos coa ilusión de completar o álbum, que de seguro ficara nun recuncho poeirento.
            Estamos en crise, si, mais a unión fai a forza. Concentrémonos, sumemos esforzos e recursos e conformemos un só equipo. Eu xa calcei  as botas e partir de agora xogarei neste novo campo. Nuns días irei afacéndome e percorrerei a banda coma sempre.    
segunda-feira, maio 11, 2009
sexta-feira, maio 08, 2009
Parabéns, Monsieur Giraud

quinta-feira, maio 07, 2009
quarta-feira, maio 06, 2009
Galegao

―A Castelao le gustaba mucho el gallego, no?  
―Abofé que si, xa cho contei.
―Pues si tanto le gustaba bien se podía llamar Galegao y no Castelao.
Recoñezo que tardei en collelo e mo tivo que explicar, pero logo escachamos os dous a rir  coma parvos. Eu pola súa brincadeira e el, supoño, que satisfeito pola súa enxeñosa ocorrencia.    
 

 
 

 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
.jpg) 
