O nordés zoa lixeiro pousando no branco vestido de encaixe pequenas folerpas cinsentas. Sentada nos chanzos da escaleira, a noiva non comprende o que pasa. Os paxaros abandonaron as arbores floridas e as augas do Pripiat denantes rebuldeiras baixan agora lentas e caladas. A igrexa fica baleira, a maioría dos homes convidados foron chamados con urxencia por mor do incendio e as súas familias pecháronse nas súas casas coas fiestras e as portas fechadas.
Ela levaba moitos anos esperando este día, a pesares do longo noivado ata que a Yuri o contrataron na central e lle concederon unha vivenda para traballadores non se comprometeron e puxeron data para a súa voda. O que debería ser o seu día máis feliz mudou nunha xornada triste e silandeira. A troula e a ledicia deixaron paso a soidade e a esa brétema cinsenta que todo o asolaga.
Esfrega entre os seus dedos un deses aruxos grises que trae o vento e que se esvaece sobre a súa pel dourada. Inocente, coma unha nena larpeira lévase o dedo a boca e chúchao saboreando o gosto acre da morte no seu padal. Ergue a cabeza cara o sur, olla o fume do incendio e pensa en Yuri, no que estará facendo agora na central. É primavera e nos ollos verdes de Olga poñese o sol para sempre.
quinta-feira, abril 27, 2006
Aulas en galego
Ainda que só é un pequeno paso, para min coma pai e galego falante esta é a nova do ano. Agardo que o que non puiden facer co meu fillo o consiga coa miña filla de dous anos.
quarta-feira, abril 26, 2006
Información ?
terça-feira, abril 25, 2006
Marcos e cravos
Fai unhas semanas e despois de trinta mil verbas púxenlle o punto final a novela na que levo enguedellado os últimos seis meses dunha forma case obsesiva. A documentación case me afoga e o seu protagonista converteuse nun membro máis da familia: meu fillo cando me vía acotío co fociño nos papeis preguntábame por el con nome e apelidos e ata me facía chanzas. Supoño que ese é un dos segredos dos libros e da literatura, crebar a delgada liña entre realidade e ficción.
Teño que recoñecer que estou contento de como quedou aínda que a miña particular lectora e un benquerido amigo cualificárona como mesta e dixéronme que tiña que respirar un pouco. Supoño que ese é tamén outro dos segredos dos libros e da literatura, comportarse ás veces coma seres vivos.
Seguindo os seus sabios consellos metereina nun caixón e agardarei un tempo a que respire fondamente para retomala despois e tentar darlle unha volta máis.
Así que, despois de seis meses e trinta e mil verbas, tan só puxen un punto e seguido.

segunda-feira, abril 24, 2006
A rúa é dela
A negativa por parte do Concello de Vigo de autorizar a instalación dunha carpa na Rúa do Príncipe co gallo do Día Mundial do Libro revela a concepción que do espazo público e cidadán ten a frustrada decoradora de interiores que nos malgoberna. As rúas están ben para poñer mesas petitorias das nobres damas da cidade para a loita contra as máis diversas enfermidades ou para que as asociacións de discapacitados vendan os seus produtos ou para enchelas de flores aínda que non haxa beirarrúas, pero non para a cultura e os libros, sobre todo se están en galego.
A alcaldesa revelase así coma unha perfecta e caritativa dama da sección feminina, só falta que organice unha campaña para sentar un pobre á mesa de tódolos viguesas polo Nadal.
(O asunto xa foi tratado amplamente por Brétemas, pero non me puiden resistir)

domingo, abril 23, 2006
No día do libro
Estes son os tres pasos que tedes que seguir:
1º Pensa nun neno, non valen os propios nin os dos familiares, a filla dunha amigo ou dunha veciña ou ese neno descoñecido que ves coma tódolos días colle o bus adurmiñado.
2º Acude despois a librería, non valen grandes superficies nin almacéns senón unha de verdade, e mércalle un libro de LIX.
3º Entrégallo como agasallo a próxima vez que o vexas. Nada hai máis pracenteiro que dar sabedoría, aventura, coñecemento e fantasía.
Animádevos e que as metáforas agromen nos cuartos das nenas e dos nenos.

quinta-feira, abril 20, 2006
terça-feira, abril 18, 2006
Nova TVG II
Despois de repetir ata extenuación os domingos e durante horas os marcadores, goles, penaltis e faltas da xornada futbolística, a dirección da nova TVG? tivo a ben programar por fin -iso, si con nocturnidade e aleivosía- o espazo adicado aos nosos libros as 00.30 e cunha duración de, pásmense, 30 minutos.
É dicir, que a dirección da nova TVG? adicaralle aos libros escritos na lingua de nós a metade do tempo semanal que lle presta aos espazos relixiosos, A Sentinela 30 minutos e Nacer de Novo outros 30- hoxe adicado ao abraiante tema da resurrección-, e moitísimo menos que os 50 minutos da santísima misa dun goberno presuntamente aconfesional.
Sen prexulgar o seu breve contido, que pode ser excepcional, case dan gañas de pechar o Libro Aberto.
(Mañá andarei por SDC no Enblogs 06, falamos o xoves)

segunda-feira, abril 17, 2006
Nova TVG ?
Despois duns meses de andaina dos novos programas da nosa televisión pública síntome fondamente decepcionado. Unha breve ollada a algúns deles coma exemplo.
O Comando Zapping semella un cemiterio de elefantes onde sen ningunha graza imitase calquera programa das cadeas estatais, cumpría ollar máis cara nós e a nosa realidade. Pensar no Vaya Semanita da ETB e as súas tomas falsas do comunicado de tregua dos encarrapuchados e a punta que se lle podería sacar ao noso monstruoso BBB (binomio bicéfalo bifronte) en troques de ver a Manquiña-Arguiñano é motivo suficiente para chorar.
O de Miraxes, non deixa de ser o reflexo de que a cultura como xa dixen e o irmán pequeno, orfo e apadumado de calquera goberno. A elección dos seus contidos e moi discutíbel. Gran parte do escaso tempo do noso único programa cultural adícase a promover o último blockbuster de Hollywood, ou un vídeo de Eminem, ou a entrevistar, nese afán chovinista que tanto nos caracteriza, as novidades editoriais en castelán da nena de Foz ou da Maltesa. A presenza do libro galego e dos seus autores foi ata o de agora anecdótica, algunha puntual entrevista e a exhibición fugaz dalgunha cuberta que recomenda o modelno presentador nos intres finais do programa, pero con ausencia total de crítica, non así no caso do teatro ou da arte. O dos poetas lendo algúns dos seus versos esta ben pero bótase en falta que se de unha recensión bibliográfica da súa obra para aquel televidente interesado.
No debate dos luns, con independencia da oportunidade ou interese do tema, a imaxe e semellanza dos das cadeas estatais existe demasiada presenza dos políticos e dos seus acólitos, e metidos todos nas súas trincheiras ideolóxicas as súas pullas monopolizan a conversa en detrimento da análise rigorosa do tema debatido.
O programa de Barreiro e como ir ver aos vellos ao casino esbardallar sobre uns tempos que non son os seus e que non comprenden nin tratan de comprender, o finado do meu avó, que en paz descanse, era moito máis tolerante ca eles e tiña moitos menos prexuízos, o programa adicado ao botellón foi claro exemplo do que digo -só a periodista da Voz puxo algo de cordura-. Outras veces falan de cousas que pare eles na súa decimonónica concepción da existencia teñen gran relevancia pero que a maioría dos espectadores tráennos sen coidado, este xoves falaron dos candente tema dos marabillosos pasos e imaxes da madrugá e do fervor relixioso sevillano.
O concursiño do mediodía das cifras e das letras non merece nin sequera un comentario crítico.
Seguimos ademais sen un programa adicado ao libro galego ou a nosa lingua e namentres as dúas cabezas do monstruoso BBB dándose trabadas afoutadas polos seus correlixionarios.
En fin unha total decepción e unha magoa.

terça-feira, abril 11, 2006
O que hai que ler !
Dise hoxe no diario independente da mañá: “O perigo de accidente dun epiléptico é semellante ao dunha muller coa menstruación”. Eu engadiría, ou ao dun home cunha incómoda erección, por exemplo.
(Na sección o Mirador das súas páxinas de opinión din tamén: "Ningún dos tres candidatos, o indixenista Ollanta Humala, a señora da súa casa pero solteira, Lourdes Flores..." )

sexta-feira, abril 07, 2006
Semana Santa
Supoño que coma fieis devotos do fillo do carpinteiro que todos sodes, estaredes preparando as corozas e os hábitos para estes días de paixón e recollemento. Eu traballo o xoves e o venres así que non poderei acompañarvos nese doloroso vieiro que leva ao Gólgota, de tódolos xeitos se rematades ese día na comisaría terei o gusto de prestarvos a miña asistencia xurídica de balde por cortesía da Consellería de Xustiza. Coidádevos e non vos excedades coa penitencia.
quarta-feira, abril 05, 2006
Os libros arden mal e as linguas consúmense
É sintomático que a canle empregada para dar a coñecer ao gran público un capítulo da agardada e case lendaria novela sexa un periódico nacional e nunha tradución ao castelán (sei que houbo outros adiantos en galego pero dende logo sen a transcendencia a repercusión mediática deste).
É sintomático tamén que nos premios Rúa Nova que se veñen de fallar – e senón oín mal a nova no Diario Cultural – un só orixinal dos presentados estiveses en galego, texto ao que o xurado lle outorgou unha mención, supoño que para dar azos a único membro da nosa nova xeración de escritoras.
Os estudios e as enquisas publicados fai uns días dirán o queiran, pero ante estes dous feitos en principio inconexos é evidente que a doenza comeza a ser irreversíbel.

segunda-feira, abril 03, 2006
Natureza
Onte pasamos a tarde na carballeira cos nenos xogando e rubindo ás árbores. Ao chegar a casa meu fillo non ceou e pasou case toda a noite en vela, inquedo e coa respiración axitada. Hoxe pola mañá cedo, levámolo de urxencia á súa pediatra dadas as súas dificultades respiratorias, na consulta calmouse cando lle puxeron osíxeno. Diagnóstico: crise asmática, cita para o alergólogo, inhaladores e tres días de repouso.
Dos meus tempos de colexio lembro a un só neno con inhalador, feito que hoxe está a orde do día en calquera escola deste país. Penso que con tanta hixiene, asfalto, limpeza e formigón estase conformando a unha xeración de alérxicos, especialmente ás manifestacións da natureza que nos abrangue, da que cada vez nos afastamos máis en tódolos sensos. Bébese leite que non é leite, comese carne ateigada de antibióticos e comemos peixe que nin se mergullou no mar.
A nosa especie vai camiño dunha morna burbulla aséptica que a abeire de calquera contacto externo. Tempo ao tempo.

Subscrever:
Mensagens (Atom)