A negativa por parte do Concello de Vigo de autorizar a instalación dunha carpa na Rúa do Príncipe co gallo do Día Mundial do Libro revela a concepción que do espazo público e cidadán ten a frustrada decoradora de interiores que nos malgoberna. As rúas están ben para poñer mesas petitorias das nobres damas da cidade para a loita contra as máis diversas enfermidades ou para que as asociacións de discapacitados vendan os seus produtos ou para enchelas de flores aínda que non haxa beirarrúas, pero non para a cultura e os libros, sobre todo se están en galego.
A alcaldesa revelase así coma unha perfecta e caritativa dama da sección feminina, só falta que organice unha campaña para sentar un pobre á mesa de tódolos viguesas polo Nadal.
(O asunto xa foi tratado amplamente por Brétemas, pero non me puiden resistir)
segunda-feira, abril 24, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Xa vexo que andades todos moi alporizados co tema e non é para menos. É indignante ver a falta de cultura de algúns e de algunhas que nos gobernan, e o pouco respeto que teñen polos que sí a teñen ou sí lles importa. E produce moita tristeza ver que están aí, "gobernando" cos votos de moita xente.
Enviar um comentário