"A lingua é a pel. A cor da pel vai canda nós a calquera lugar."
Manuel Veiga
quinta-feira, abril 27, 2006
Aulas en galego
Ainda que só é un pequeno paso, para min coma pai e galego falante esta é a nova do ano. Agardo que o que non puiden facer co meu fillo o consiga coa miña filla de dous anos.
É unha gran nova, sen dúbida, quizabes a primeira medida realmente seria que se toma no asunto da normalización lingüística, e non esa abraiante teima por fomentar o galego en Extremadura e cousas así. Agora ben, preparémonos para escoitar os laios dos que verán nesta decisión unha especie de cruzada separatista.
Dende logo benquerido folerpa é un gran paso pero a ver se os responsábels fan que se leve a cabo e non deixan esta medida nas mans do profesorado tanto para ben com para mal. E digo isto por que a información que eu lin sobre o tema era un pouco incompleta xa que hai colexios, onde o alumnado é maioritariamente galego falante, en que a educación infantil é só en galego. E tamén hai centros que reciben unha maioría de nenos e nenas castelán falantes e están acollidos dende hai anos a un plan de inmersión lingüística en galego na que a etapa infantil é só nesta lingua (plan que se contempla na lei de normalización lingüística previamente solicitado e aprobado polo consello escolar e autorizado pola consellería de Educación).
2 comentários:

Enviar um comentário