De que me sinto ugandés. Da desfeita que uns desalmados fixeron na Parauta, mudando un pequeno amazonas vizoso nun ermo desolado, estragando o leito do río, derrubando o muíño, e todo pola madeira duns carballos case centenarios.
Pero non, teño que falar de Os Libros. Merquei a novela o venres pola tarde na feira para meu pai e o seu autor debuxou nela unha fermosa adicatoria. Folleeina o venres á noite sen moito convencemento. E aquí estou, o luns, esfameado e cun terzo devorado a trabadas. Eu que abandonara a O´Rivas fai un década teño que confesar que estou enguedellado na arañeira das súas verbas. Esfera Armilar ou poliedro que reflicte nas súas moitas faces libros e acenos, vitorias e derrotas. A Coruña coma o paraíso perdido, coma Macondo, coma Bomarco, coma o ceo e o inferno de Dante.
Emocioneime cando os dous mozos foxen as alancadas da fogueira... co rapaz que escribe no seu maxín Ana Karenina nos 14 días de travesía transoceánica...cos paraugas que voan cara ao mar...co vello e achacoso vendedor de biblias...cos fíos das mil e unha historias que conforman devagar esta madeixa de tinta, sangue, lume e esperanza.
segunda-feira, julho 10, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Un precioso texto, Folerpa.
Bomarzo.
That's a great story. Waiting for more. babe sex pic
Enviar um comentário