segunda-feira, novembro 20, 2006

PREMIO

Por terceiro ano consecutivo a literatura de nós non foi quen de gañar o Torrente Ballester. O premio da Deputación de A Coruña segue coa súa fuxida mediática cara a adiante e despois da nena de Foz e Barbá premian a Jose Mª Merino. Iso si, fóra das bases, nomearon un finalista galego Xabier López.
Non sei se este feito, a seca de tres anos, é sintomático do estado da nosa literatura ou da composición do xurado do premio.

7 comentários:

Anónimo disse...

O mellor é cousa da "descomposición" do xurado...

Unknown disse...

Un deses descompostos daba un curso de literatura e cinema na Universidade da Coruña. En resposta ó comentario dun asistente dixo, "El Padrino, sí, sí, ¿y dices que es una adaptación? Bueno, en cualquier caso no la he visto". Soáballe, iso sí.

Anónimo disse...

O xurado non foi ó final como está nese documento que enlazades e penso que ese a quen vos referides non estivo ó final. De tódolos xeitos, presentáronse 267 orixinais e só 39 estaban escritos en galego. Aínda que non se trate de cantidade senón de calidade, non é raro que o premiado sexa un libro en castelán.

Anónimo disse...

O problema é a "descomposición" do xurado, ten razón o Manuel non-de-Monte-Alto, cousa que tamén confirma Edu coa súa anécdota. Pero, amigo Anónimo, á súa verdade estatística quero agora contrapor unha dúbida tamén cuantitativa: ¿como podería vencer unha obra galega se de toda a lista do xurado só Basanta le e se preocupa do que se escribe na nosa lingua, pois os outros membros do xurado ou non a entenden ou non se ocupan dela nunca?

Anónimo disse...

Non é por nada pero en España non hai 10 escritores como José Maria Merino, e en Galicia dubido que haxa algún, el presentándose dalle un prestixio ó premio.

Anónimo disse...

Concordo con un. Non podo falar das obras pero si da traxectoria, da calidade do anterior publicado. Lopez é bo, Merino é excelente.

folerpa disse...

Aviso de navegantes:
O meu post so constataba unha realidade por terceiro ano consecutivo e da deriva dos obxectivos do premio nas últimas edicións en relación coas anteriores.
Non dubidaba da calidade dos autores, nin do gañador nin do finalista. Si dubidaba pola contra do nivel de coñecemento do galego dos membros do xurado dun premio bilingüe ou máis ben diglósico coma este.
Supoño tamén que os autores, eu polo menos, se presentan aos premios para gañalos non para prestixialos.