...tiña oitenta anos e non recoñeceu as mans que a estrangulaban, esas que tantas veces antes a acariñaran. Tampouco recoñeceu a face do home con bágoas que había tras delas.
A face do home co que tivera tres fillos, co que compartira aquel piso os últimos corenta e cinco anos.
A face do home solitario que a coidaba dende que lle diagnosticaran o alzheimer, a que a erguía e a vestía todos os días.
A face do home que pola mañá e pola tarde a sacaba a rúa polo brazo a pasear polo barrio e que todos os venres a levaba a perruquería para que a peiteasen aínda que ela non se decatase.
A face compasiva do seu asasino, a do arrepiado amante, a do suicida culpable.
Descansen en paz os dous, a vítima número sesenta e tres e o seu home, Mª Josefa e Rafael.
quinta-feira, dezembro 14, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Penso que este caso, e os seus semellantes, non deberían calificarse como "violencia doméstica", porque o homicidio non ven provocado pola violencia machista senón pola infinita pena: non mata a xenreira irracional senón o amor absoluto que non entende como aquel a quen amou xa non está, aínda que o corpo siga alí. Nestas situacións resulta irrelevante o sexo da vítima.
xa ti o dis todo!!!
É un caso triste que non debería repetirse.
Estou de acordo con bouzafría.
Un homicidio provocado tamén por a soidade, a soidade no amplo sentido da palabra, fronte a unha situación tan terríbel como a que tí relatas.
Enviar um comentário