...que unha biblioteca baleira. Con grande dor veño de contemplala hai uns intres na sala de LIX da Biblioteca . Acudín para fornecerme das novidades máis recentes, teño moito que aprender aínda, e nela ficaba só un rapaz diante dun ordenador mergullado no messenger e tres nenos chineses devolvendo xogos e vídeos.
Algo grave está a fallar nalgures, nas institucións ou na sociedade ou nos pais, cando en pleno período de vacacións do Nadal a biblioteca máis importe da cidade fica baleira de lectores cos libros silandeiros collendo po nos andeis.
E ante esta paisaxe desoladora algúns desnortados aínda non caeron da burra e seguen como paifocos enchéndose a boca con entrar en non sei que ranking mundial de infraestructuras culturais co carallo do mausoleo.
Co sinxelo que sería habilitar un teléfono SALVEMOS A NOSA CULTURA para que os voluntarios do Prestige e dos lumes nos xuntáramos no Monte Gaiás armados de pico e pala e comezar decontado a demolición. Eu apuntaríame o primeiro.
terça-feira, dezembro 26, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Quizáis algúns pais levarían alí aos seus fillos se os poidesen deixar un par de horas com se fose unha ludoteca ... e dígoo pensando en pais traballadores... Non o sei. As biblitocas públicas que eu coñezo do Barbanza teñen demanda e iso que algunha non está moi orientada aos mais pequenos ... O realmente desolador para mín é que a calidade da nosa cultura se defina neste país por "a cantidade de edificios culturais" que abraiarán aos turistas ... E parece que non hai remedio.
A cultura debería estar dentro e fóra: na biblioteca tanto como na rúa...
Feliz día de San Silvestre!
Sen embargo, a esa mesma hora, a librería de Velázquez Moreno estaba chea de nenos lendo libros no primeiro andar. Como se come iso?
Enviar um comentário