terça-feira, janeiro 02, 2007

Protexta

Do contido do novo suplemento de libros da renovada Tempos Novos xa fixo oportuna recensión O Levantador e non vou repetila.
Destacar iso si a novidade que supón a súa quenda de críticos, un xa estaba un chisco canso de ler sempre aos mesmos nos máis diversos medios, aínda que boto a faltar xunto ao seu nome unha breve recensión sobre as circunstancias de cada un deles.
Dúas tachas nada máis. A primeira, pequena, esa duplicidade crítica coa propia revista no caso do libro de relatos de Solleiro. A segunda, grande, un suplemento trimestral coma este merece un papel e unha encadernación mellor. Eu, tan afeccionado a coleccionar, dubido moito que resista o paso do tempo. Despois duns días na casa e sucesivas lecturas xa está para envurullar o peixe con el.

1 comentário:

Anónimo disse...

Chego tarde, aínda así, feliz ano.