...malia o meu abandono nas últimas datas. Dende o día de reis a enfermidade estendeuse pola nosa casa coma un andazo. Caeron primiero os folerpiñas baixo unha virulenta varicela, onte súa nai coa gripe e a min agárdame para a semán vindeira a ameaza dunhas bóchegas que non pasei de rapaz. Así que andei estes días de atarefado enfermeiro insomne, ao que hai que engadir as correccións da miña próxima novela xuvenil, semella que no mundo literario adulto aínda non atopei o meu sitio.
Este mércores enfronteime por primeira vez a un fato de rapeces para falar do meu Sari nun colexio. Penso que a cousa quedou apañada malia os meus nervios de debutante, terei que mellorar para capturar antes a súa atención. Divididos en dous grupos a rolda de preguntas en ambos comezou curiosamente coa mesma, pero diso falarei devagar a próxima semana.
Por certo este é o meu post 250 e sigo coa mesma ilusisón que no primeiro aínda que ás veces non o pareza.
sexta-feira, janeiro 12, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
Que vos melloredes.
Pois que a saúde colva pola casa. Ánimo no oficio de escritor e adiante co blogo.
Saúde, paciencia e noraboa. Por este orde. Felicidades
A mellorarse e parabéns polo mantemento dese entusiasmo.
Que a saúde xa esté de volta na vosa casa folerpa. E parabéns por o teu post 250 e por a túa ilusión. Espero impaciente a túa próxima novela.
noraboa polo blog, adiante coa túa literatura, da que moitos gustamos sen atender a etiquetas, e a coidar esa saúde...
Grazas polo voso interese. As folerpiñas e súa nai xa van mellor. Eu sigo á espera: o meu periodo de incubación da varicela remata mañá. Prometo que se me saen as malditas vinchocas penduro a foto.
Enviar um comentário