Na miña cidade hai un censo de 1000 avogados, un arriba un abaixo. Descoñezo cantos deles usan o galego nos seus escritos e nas súas comparecencias perante os xulgados. Malia o que poidan dicir as estatísticas supoño que son moi poucos, creo que me chegarían os dedos das dúas mans para contalos, alomenos nas xurisdicións civil e penal, nos xulgados do social quizabes sexan máis por aquilo dos sindicatos.
Ven este ao caso por que hai uns días, tras un xuízo no Xulgado de Familia, a Xuíza e a Fiscal laiábanse da súa brevidade e da posibilidade de seguir oíndome falar na miña lingua pois eran moi poucos letrados os que o facían.
Non é que a miña oratoria as encandease, é que ambas as dúas estaban a facer o cursiño de galego e necesitaban practicar.
segunda-feira, dezembro 18, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Vai resultar agora que um avogado galegofalante é tam exotico como os estudantes britanicos que andam por Compostela (que todo o mundo quere sair de copas com eles para practicar o inglés)
Em fim...
Enviar um comentário