segunda-feira, fevereiro 19, 2007

O holandes errante

Vendo estes días navegar sen rumbo ao Ostedijk , está claro que dende o Prestige non mudou nada. Esa bomba química que seica onte enfiaba Ortegal está hoxe, por arte de maxia, na ría de Viveiro. Mudou o goberno estatal e autonómico e seguimos igual. Todo ten que mudar para que non mude nada.
Seguimos sen competencias en salvamento marítimo, sen protocolos de actuación, sen porto refuxio...sen capacidade ningunha de decisión sobre o noso mar e as nosasa costas.
Volvo escoitar certas palabras, SASEMAR, Ministerio de Fomento, delegado do goberno, e un calafrío percórreme o corpo.
Vaia desfeita.

2 comentários:

Raposo disse...

Tes razón, parece como si non pasara o tempo. O ser humán costalle moito aprender dos eus erros e asi nos vai.

Xosé Antón Laxe Martiñán disse...

Nada do público mudou, con certeza. O grave, grave, é que mudamos nós, ou perdemos forza.