terça-feira, março 27, 2007

A boca da noite



Recoméndovos este programa. Eu non son moi amigo dos contacontos mais recoñezo que Quico Cadaval acada case todas as noites un espazo máxico onde a palabra, sen berros nin insultos, é a protagonista.

Historias arrepiantes como a do nazi bo Albert Speer, se é que pode haber nazis bos, ou o suxerinte soño desa rapaza espida paseando polo Hotel California só co seu peto de esgrima, convidan a reflexións e a imaxinación.


Durante unhas semanas estas alfais resentiránse do meu suicida intento de rematar dúas novelas de vez. Pídovos desculpas. Falamos á volta.

6 comentários:

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Xa me dirás como fas: dúas novelas á vez. De qué van? Son distintas? Conta algo. Pon un pouco de suspense nas nosas vidas.

Anónimo disse...

No ven moito ao caso, pero sempre que vexo unha foto do Kiko Da Silva, lembrome dun gichiño que tiña un bareto na rúa Irmandiños, non si Folerpa ?

Ana Bande disse...

Unha boa razón para prender a radio sen coller unha infeción, que diría El Roto

paideleo disse...

Pois habera que visitar outros lares.
Que tenhan un bo remate esas novelas.

X disse...

Eu tamén comparto ese vicio radiofónico.
Sacrificarémonos polo ben común.
Feliz pausa creativa.

folerpa disse...

Arume, son dúas novelas de LIX, a primeira xa está rematada,fáltalle só o tuneado. A segunda vai devagar.