sexta-feira, março 09, 2007

Metafísica infantil


- Hai unha cousa que me ten desconcertado. Cando morremos non volvemos vivir outra vez.

Isto preguntou meu fillo onte pola noite mentres lavaba os dentes. Eu, que son un pouco brután, presteime lixeiro a darlle unha lección maxistral. Expliquille primeiro o que nos pensabamos, o ciclo da vida, que se somos enerxía en continua transformación. Despois seguín polo que dicían algunhas relixións: infernos, ceos, paraísos cheos de hurís, reencarnacións.
El, cos ollos cheos de bágoas, cada vez entendía menos. Grazas que súa irmá pequena veu na miña axuda cunha porcallada que nos fixo rir a cachón.
Despois de deitalos, súa nai máis eu falamos do asunto, Ela dime que actuei con brusquidade -mea culpa- e que ao mellor non estaría mal que cresemos en algo para variar, que iso nos aforraría moitas complicacións e explicacións, sobre todo cos nenos. Eu dubídoo, pero concordo con ela que, ás veces, é duro ser un descrido.

2 comentários:

leco disse...

O pelacho preguntou un día se, cando alguén morría, saía outro igual. Creo lembrar que foi cando o alertamos dalgún perigo en que se estaba a meter, obviamente para el non constituía ningunha ameaza.

Torreira disse...

Mentras non sexas unha descreida da vida todo ira ben