terça-feira, março 20, 2007

Estamos nas súas mans

Hoxe pola mañá, depois de prestar declaración un cliente meu e na súa presenza, unha xuíza guindoume a súa axenda no seu despacho.
O problema xurdiu co sinalamento do xuízo, as primeiras datas que elixira eu non podía, unha estou de garda e a outra teño outro xuízo bastante complexo. Alporizada, ergueuse da súa silla, guindoume a súa axenda e dixo que sinalase eu o xuízo mentres marchaba para á oficina do lado. Alí, berrando queixouse á secretaria do xulgado da situación. Esta apareceu conciliadora e acordamos unha data, mentres a fera seguía a bradar tras a parede e facía algún comentario xocoso e despectivo sobre as miñas palabras. Eu trabei con forza a lingüa, en interese do meu cliente, din os bos días e marchei con el. Por certo, estiveramos esperando 45 minutos a que nos recibise e nin sequera se desculpou.
Non sei como a xente se estraña de que un xuíz absolva a un tolo que circulaba a 260 , eu xa estou curado de espantos.
Despois de quince anos comezo a estar canso desta profesión, mágoa que a literatura non me dé para vivir.

6 comentários:

Anónimo disse...

Se aínda non che dá para vivir, desde logo dáche argumentos para escribir! A ver se escribindo sobre esa realidade "que parece ficción" esta acaba dándoche para vivir.
Xa que a realidade supera a ficción, escríbea. Se cadra triúnfas onde non pensabas!

Anónimo disse...

Podería ser peor, Folerpa...poderías ser funcionario e estar nas mans da administración...!!non sei que sera peor...
Se queres un tema, O Colmo dos colmos :o Abogado funcionario (por diante e por detrás)

Anónimo disse...

Sentira falar dos "parvos con carreira", pero vexo que ademáis existe a sub-especie "parva con carreira e oposición". Conforta saber que a estupidez se reparte de xeito tan democrático.

Anónimo disse...

O parvo é parvo.

Non ten nada que ver a carreira ou a oposición.

Máis chamativo resulta ese que absolveron e dixeron que era cego cando o colleron a toda mecha pola estrada. Menos mal que era cego, que se non...

Anónimo disse...

En todas partes cocen fabas, senón mira os políticos.

bouzafria disse...

Compréndote perfectamente: Eu estou canso de xuíces estúpidos, colegas estúpidos e funcionarios estúpidos. E de clientes que minten máis que falan: Ten razón House. A Edu: Nun pequeno pero imprescindible libro: "Allegro ma non troppo", Carlo Cipolla demostraba que a estupidez non entende de categorías sociais nin de profesións. E que sempre é m,áis abundante do que parece.