segunda-feira, abril 02, 2007

Rinocerontes e quimeras




Devala o século XIX. Os avances da ciencia fan ceifa no presente. Nun vagón de tren arrómbanse sete monstros de feira, sete nenos que antes foron o gran engado do prodixioso circo de Mister B. O empresario, un home feito a si mesmo, mudou eses cativos deformados por un teatro de autómatas. E abandonou tamén as quimeras desecadas, que xa non abraian ao público. A maquinaria do mundo, como a ruleta do casino, vira sen descanso, e sete nenos, outrora figuras dun cartel de cores, matinan no xeito de saír da vía morta onde as súas vidas esmorecen.
Actualización 9/4/07: Rinocerontes e quimeras ocupará as páxinas de narrativa desta semana no Diario Cultural da Radio Galega. Os monstros falarán pola miña discordante voz

2 comentários:

Anónimo disse...

Parabéns, Folerpa. Sabe que desde "Sari, soñador de mares" penso estar atento ás súas novas botaduras.

Veloso disse...

Parabéns. Na próxima visita a Vigo xa teño unha misión: facerme co teu libro. Prometo dura crítica, a ser posible con café por medio. Unha aperta.