quinta-feira, julho 14, 2005

Cartas do terceiro día

Por fin metín o pé no mundo editorial galego despois de anos tentándoo unha e outra vez. Fai unhas horas unha amábel concelleira chamoume ao móbil para comunicarme a concesión dun premio de poesía que implica a publicación do poemario por unha editorial do país.
A miña ledicia foi inmensa ao que hai que engadir os parabéns de dous membros do xurado que falaron tamén comigo e me agasallaron os ouvidos coas súas louvanzas. Un deles dixo que pensaran que os versos escribiraos unha muller, para min non poder haber maior gabanza pois con esa intención os escribín.
Prometérame que se este ano non tiña resposta dunha editorial ou premio deixábao e mira por onde soou a frauta. En parte este blogue erá un forma de dar saída a miña frustración de escritor inédito cobizoso de lectores.
A primeira chamada como non foi a M. que estaba cos nenos na casa e que foi a inspiradora e a primeira en ler o feixe de versos agora premiado. A segunda foi para Náufrago que co seus azos e consellos nos seus talleres mantívome a flote estes derradeiros meses. A terceira, a cuarta a quinta.... foron para pais, tías, amigos e demais familia como poñen nas esquelas do periódico.
A vos que estades ao outro lado do espello e me ledes e me comentades non vos podo chamar pero vaia dende aquí o meu máis sincero agradecemento por levar aí dende xaneiro. Unha aperta a todos.

9 comentários:

Cau disse...

Parabéns :)

remolca disse...

Enhoraboa Folerpa !!!!
A Madriña non esperaba menos do accionista nº 69.
Solicitamos xa, e con urxencia unha 1ª edición adicada.
PD. Do xurado ? A Madriña físolle unha oferta que non poido rexeitar.

Kamikaze disse...

Noraboa!

Ababoro disse...

Noraboa.
O malo e que terá vostede que botar un pitillo.

dasmam disse...

Sempre souben que era unha honra compartir conversas, escritos e lecturas en voz alta con unha persoa coma ti. Xa espero a tua dedicatoria neses poemas premiados. É un sono, a ver si nos toca a todos algún día.
Parabéns de corazón, déboche unha forte aperta.

derrota disse...

Dende que comecei a escoitar os teus poemas extrañoume que non tiveras publicado nin que houberas gañado algún certame. Estaba claro o final sucedeu o inevitable.Noraboa

AQUI disse...

parabéns, folerpa!

Brétemas disse...

Os meus parabéns, Folperpa. O primeiro é o máis duro; logo xa virá fiado.

Kavafinho disse...

Verá que aínda hai cousas que provocan maior felicidade que as mañás dos sete de setembro nos anos da infancia. ¿Ou non son comparables?
Parabéns!