sexta-feira, julho 29, 2005

Vacacións

Voume.
Xa puxen as chancletas, a camiseta e os pantalóns curtos e non penso quitalos ata setembro ainda que caian chuzos de punta.
Estes son os plans:
- pasar uns días en Sargadelos, outros nos montes da Paradanta, algo de praia e a festa da auga.
- corrixir unha breve novela de LIX que rematei estes días para entregala nunha editorial á volta.
- ver tódalas películas que se me amorearon ( Egoyan, Ozu, Labute, Allen, Wong Kar Wai...).
- afundirme na lectura: inescusábel a simultánea dos relatos Cheever(unha vez máis) e os seus Diarios, así como a nova Gramática Práctica de Sotelo Blanco.
- desistir da novela coa que levo dous anos entullado e comezar outra.
- tomarme as cousas con máis tranquilidade, ser menos irónico e berrar menos:tratar de ser alguén que non son.
-Bicar máis a M.

Todo isto co permiso dos nenos claro está.

1 comentário:

Anónimo disse...

Pois eu, carafio, xa estou traballando de novo. Aproveita o tempo para recargar as pilas. Para ler, para escribir e para bicar.
Apertiñas