O comentario do disfrace da vicepresidenta vindo do tipo que ven non debería alporizar tanto, o penoso foi ler a algunha articulista da prensa galega facendo chanza das súas katiuskas e a algún falando dos seus descubertos cadrís.
A linguaxe é unha arma poderosa e por iso pasamos anos aprendendo a usala, eu aínda sigo. Aborrezo toda esa parvada da corrección política pero ás veces cando falamos non está de máis pensar no que temos ao noso carón.
O outro día na escola meu fillo ao rematar a súa ficha exclamou que traballará coma un negro, a súa mestra recriminoulle o comentario, non por nada, senón porque ten un compañeira desa cor que podía sentirse ofendida, e díxolle que o podería mudar por traballar coma un león. Meu fillo negouse e díxolle que o león era un lacazán que botaba todo o día a durmir que mellor ser leoa que era a que traballaba cazando na sabana e coidando da familia.
Pois iso, que a vida está chea de leoas e leóns que ata un neno de cinco anos e quen de distinguir.
sexta-feira, março 17, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
A min tanta corrección política éncheme de verdade. Dentro de nada non poderemos dicir ningunha frase feita por non ferir sensibilidades.
Que bo o do teu fillo!!
Enviar um comentário