- Eu son o narciso do Xarón,
unha azucena das valgadas.
- Coma lirio de entre os toxos
tal é a miña amada entre as rapazas.
- Coma a maceira entre as árbores da fraga
tal é o meu amigo entre os mozos.
Á súa sombra devezo por me sentar
pois é doce o seu froito ó meu padal.
quinta-feira, março 30, 2006
Lirios
Por mor desa novela que me quita o sono dende fai meses e me vai quitar a saúde, levo varias semanas mergullado na lectura da magnifica tradución ao galego da historia máis grande xamais contada. Libro que calquera ateo que se prece debería ler alomenos unha vez na súa vida de pecador. Vaian estas verbas dun dos seus libros máis fermosos coma exemplo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Hai que ver o bonito que é ese libro, e o odiosos que son os seus editores.
Líchelo enteiro?
Coma sempre Martin poñendo o dedo na chaga.
Niso ando Luís. Xa lera fai moitos anos unha edición abreviada en castelán.
Boísimo o comentario de Martin Pawley! XDDD
Pois eu aínda non o lin na súa totalidade... é algo que teño pendente...
A verdade é que do que lin asombroume a maldade e a falta de misericordia dun Deus que cando se enfada asasina unha tribo enteira...
Enviar um comentário